Por fin Santiago
Exposición de debuxos de Alfredo González - A mostra consiste en 40 ou 50 debuxos a pluma e lápices de cores do artista asturiano Alfredo González, membro destacado da chamada Escola de Madrid. Os seus debuxos de cidades son coñecidos en medio mundo: Madrid, New York, Paris, Saô Paulo, Río de Janeiro, Moscú, Panamá, México D.F., etc. Nesta exposición o artista propón a realización de 40-50 vistas panorámicas debuxadas da cidade de Santiago.
En 2009, o Museo das Peregrinacións presentou unha exposición de Alfredo González de 50 debuxos das mesmas características do Camiño Francés, citado catálogo foi coeditado polo Xacobeo en 2010.
A mostra "Por fin Santiago" en 2012 sería, polo tanto, a continuación e punto final da exposición anterior, completando así un proxecto ambicioso de debuxar a ruta xacobea, a súa meta e os seus valores.
Lugar:
Museo das Peregrinacións e de Santiago
Rúa San Miguel, 4 (Santiago de Compostela)
Horario de visitas:
Martes a Venres: de 10 a 20h.
Sábados: de 10:30 a 13:30 e de 17 a 20h.
Domingos: de 10:30 a 13:30h | Luns: pechado
| Anexo | Tamaño |
|---|---|
| Por fin Santiago - Cartel [jpg] | 404.02 KB |










Enviar un novo comentario