Olladas no Camiño de Santiago / Olhares no Caminho de Santiago
Lugar: Biblioteca Municipal Prof. Machado Vilela - Vila Verde (Portugal)
Exposición itinerante por distintos países que amosa a visión particular sobre o Camiño de Santiago de varios fotógrafos: Delmi Álvarez, Fernando Bellas, Tino Martínez, Javier Teniente, Xulio Villarino e Tino Viz.
A paisaxe, o patrimonio arquitectónico, a riqueza humana de peregrinos, visitantes e persoas que viven ao longo dos Camiños que levan a Santiago son rexistrados polas cámaras destes seis fotógrafos.
Desde iconas puramente xacobeas ata manifestacións antropolóxicas. Desde os retratos con nome e apelidos ata a figura anónima no espazo. Desde a paisaxe aberta ata a intimidade de igrexas e claustros.
Estes artistas senten e reflicten a través das súas obras como nunha sociedade globalizada e acelerada existen espazos en que, independentemente de quen sexas e de a onde vaias, sempre te sentirás identificado. O tempo toma unha dimensión diferente da que manexamos no noso ritmo cotián. O destino é o que te coloca, e ese é Compostela.
Logo de visitar diversas cidades, esta exposición chega agora a distintas vilas portuguesas: Barcelos, Belmonte, Valença do Minho, Vila Verde (na península); Ponta Delgada, Ribeira Grande, Lagoa, Illa da Terceira, Ilha do Pico e Ilha do Faial (nas Azores e Madeira) coa intención de amosar, coa perspectiva destes fotógrafos, a riqueza que o fenómeno xacobeo xera no Finisterrae europeo, en Galicia.
Horario:
Luns a Venres de 9:30 a 18:00 h.
Sábado de 10:00 a 12:30 h.
Organiza:
Associação Espaço Jacobeus
Confraria de São Tiago
S.A. de Xestión do Plan Xacobeo
Colabora:
Cámara Municipal de Vila Verde










Enviar un novo comentario