Exposición "Peregrinos. O Camiño a Santiago de Compostela"

Exposición "Peregrinos. O Camiño a Santiago de Compostela" 

Tamén dispoñible nos seguintes idiomas:
Versión para impresiónSend to friendPDF version
14/10/2011 - 25/02/2012
Museum Catharijneconvent. Lange Nieuwstraat, 38 Utrecht

Horario: 16:00 a 18:30

O Museo Catherijneconvent  de Utrecht e mais a Asociación Holandesa de Amigos do Camiño preparan unha serie de actos de promoción do Camiño de Santiago. Unha exposición e un congreso internacional que terá lugar do 2 ao 4 de novembro explicaranlle ao público o significado e a importancia das peregrinacións xacobeas.

A exposición estrutúrase en forma de peregrinación e nela os visitantes poderán seguir literal e figurativamente os itinerarios que conducen cara a Santiago de Compostela. Poderán recrearse na experiencia de centos de persoas que realizaron a peregrinación xacobea través da súa páxina web, na que se recollen narracións con fotografías e vídeos, e gozarán dunha peregrinación virtual na que a vista, o ouvido e o olfacto xogan un papel importante.

Visitas guiadas, actividades especialmente deseñadas para alumnos de primaria e secundaria, conferencias e obradoiros para nenos e nenas completan este proxecto, ilustrarán ao público de todas as idades mostrándolles desde a forma de vestir do peregrino medieval ata as duras condicións que tiñan que soportar na súa longa viaxe.

Trátase, en definitiva, da grande exposición da cultura xacobea na Europa Occidental, feita en Holanda.

A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo achega a este proxecto unha colección fotográfica sobre a peregrinación en España que a artista alemá Silvia Steinback realizou no percorrido do Camiño Francés.

Comentarios

Enviar un novo comentario

O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que es unha persoa real e impedir o envío automatizado de spam.