Exposición "Memoria de Peregrinación. Camiño de Santiago, Primeiro Itinerario Cultural Europeo"
Sede:
Instituto Cervantes
22-24 City Road. Chippendale NSW 2008
Sydney (Australia)
Horario:
Luns - Xoves: 10.00 - 18.00
Venres: 10.00 - 14.00
O Camiño de Santiago, Primeiro Itinerario Cultural de Europa, é unha das grandes riquezas comúns de todos os europeos. Patrimonio cultural e moral de Occidente e de toda a Humanidade, esta ruta milenaria foi transitada por millóns de persoas dende a Idade Media ata a actualidade.
A exposición audiovisual Memoria de Peregrinación é froito da recente viaxe do fotógrafo Manuel Valcárcel e do músico Alejandro González, ambos os dous galegos, a través dunhas rutas xacobeas de dilatada historia e tradición. É unha viaxe contemporánea realizada co propósito de mergullarse, cos cinco sentidos alerta, na intimidade duns lugares históricos que forman parte substancial da memoria cultural de toda a Humanidade.
A mostra é reflexo dunha viaxe intensa e moi vivida a través de Hungría, Austria, a República Checa, Eslovenia, Italia, o norte de España e a Galicia xacobea. Unha peregrinación moi particular na que ambos os dous artistas se mostran atentos á tradición cultural e á sensibilidade relixiosa que impregnan os lugares e os camiños, destacando realidades ás veces silenciadas, denunciando co seu enfoque situacións e circunstancias que afectan ás poboacións próximas aos itinerarios de peregrinación, ou a modesta vida de pobos e cidades da ruta.
A mostra peregrinou en 2010-11 por diversas cidades de Europa –Sofía, Bucarest, Zagreb, Santiago de Compostela-, continuando no 2012 o súa periplo en Francia e agora en Australia. Memoria de Peregrinación é, en suma, unha exposición que mostra a pluralidade e riqueza dunha Europa vertebrada polos itinerarios a Santiago de Compostela e que, sen dúbida, non deixará indiferente a ninguén.
Organiza: S.A. de Xestión do Plan Xacobeo
Colaboran:
Instituto Cervantes en Sydney
Embaixada de España en Canberra
Consulado xeral de España en Sydney
Consulado xeral de España en Melbourne
Consellería de Educación da embaixada de España en Australia
| Anexo | Tamaño |
|---|---|
| Dossier [pdf] | 1.72 MB |










Enviar un novo comentario