A Cruz de Ferro (Monte Irago - Foncebadón, León)

En Camiño. Colección fotográfica de Silvia Steinbach en Cali, Colombia 

Tamén dispoñible nos seguintes idiomas:
Versión para impresiónSend to friendPDF version
25/07/2012 - 01/09/2012
Museo Arqueológico de la Merced | Santiago de Cali (Colombia)

A Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo colabora nesta ocasión co museo arqueolóxico La merced, de Santiago de Cali, Colombia, para conmemorar o 476 aniversario da fundación de Santiago de Cali.

A mostra, dividida en tres sedes Museo Arqueológico de la Merced, Museo de Arte Religioso, Étnico y Cultural, e o Museo de Arte Colonial y Religioso, presenta a visión que sobre o Camiño Francés e a cidade de Santiago de Compostela da fotógrafa alemá Silvia Steinbach. Trátase de 53 fotografías que falan cunha estética moi persoal, das paisaxes históricas da principal ruta de peregrinación a Santiago de Compostela. É moi importante na exposición a presenza de fotografías de rúas e prazas da cidade do Apóstolo e da basílica xacobea, representadas con tomas nocturnas dos espazos urbanos e da arquitectura máis singular; e de fotografías de peregrinos que chegan á praza do Obradoiro, entran na catedral descubrindo as súas naves, capelas e imaxes do principal edificio relixioso do Camiño de Santiago.

Esta exposición, que viaxa agora a Santiago de Cali, Colombia, itinerou dende o ano 2008 por Frankfurt, Colonia, Hamburgo, Estocolmo, Varsovia, Cracovia, Berlín, Santiago de Compostela, Ferrol, e Pedrafita do Cebreiro.

Horario de visitas:
De luns a sábado, de 9.30 a 13.00 e de 14.00 a 18.00

Organiza:
Museo Arqueológico la Merced de Santiago de Cali

Colaboran:
S.A. de Xestión do Plan Xacobeo
Fondo Popular de Cultura de Cali
Arquidiócesis de Santiago de Cali
Museo de Arte Religioso, Étnico y Cultural de la Secretaria de Cultura y Turismo de Santiago de Cali.
Alcaldía Santiago de Cali
Museo de Arte Colonial y Religioso La Merced

Comentarios

Enviar un novo comentario

O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que es unha persoa real e impedir o envío automatizado de spam.