Danza 3 - Cartel

Danza 3 - Danza e música tradicionais 

Tamén dispoñible nos seguintes idiomas:
Versión para impresiónSend to friendPDF version
30/12/2011 - 22/07/2012
A Estrada, Tui, Arzúa, Vilalba, Palas de Rei, Narón, Melide e Padrón

DANZA 3 é un programa para a difusión da danza galega mediante o que as agrupacións de música e baile Xacarandaina, O Fiadeiro, e Cantigas e Agarimos desenvolven un total de 9 actuacións noutros tantos concellos galegos polos que discorre o Camiño de Santiago. DANZA 3 é un proxecto integrador que ofrece as distintas interpretacións que sobre o folclore galego realizan, a través dos citados espectáculos, tres das agrupacións máis recoñecidas que traballan na actualidade na investigación e difusión da música e o baile populares de Galicia.

PROGRAMA 2011 - 2012

Cantigas e Agarimos: "Lela" 
Dirección de baile: Javier Sanmartín 
Dirección instrumental: Ramón Maril 
Dirección de coro: Loli Santos 
Interpretación da emblemática obra Os vellos non deben de namorarse

Representacións:
XINZO DE LIMIA: 30 de decembro, 20:00 -  Pavillón de Deportes
A ESTRADA: 28 de xaneiro, 21:00 - Teatro Principal
PALAS DE REI: 24 de marzo (lugar e data por confirmar)


O Fiadeiro: "Esta noite hai unha fía"

Ideada por: Miguel Souto 
50 artistas ao longo de trece escenas debullan pezas de música e baile tomando como argumento os cantos propios dos oficios tradicionais exercidos en Galicia ata ben entrado o século XX. 

Representacións:
TUI: 11 de febreiro, 20:30 - Teatro Área Panorámica
ARZÚA: 4 de marzo - Recinto da Festa do Queixo
PADRÓN: 22 de xullo, 22:30 - Praza de Macías


Xacarandaina: "Galicien Amerika Linie"

Dirección: Henrique Peón Mosteiro 
Espectáculo que se estrea dentro deste ciclo e que aborda o tema da emigración botando man dos bailes executados polo colectivo cun innovador espazo sonoro e audiovisual.

Representacións:
VILALBA: 10 de marzo, 20:30 - Auditorio Carmen Estévez
NARÓN: 14 de abril, 20:00 - Pazo da Cultura
MELIDE: 19 de maio, 20:30 - Pavillón Polideportivo

Comentarios

Enviar un novo comentario

O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que es unha persoa real e impedir o envío automatizado de spam.