Olladas no Camiño. Photo by Demi Álvarez

Olladas no Camiño de Santiago / Olhares no Caminho de Santiago 

Also available in the following languages:
Printer-friendly versionSend to friendPDF version
10/03/2012 - 10/27/2012
Vila Verde | Portugal

Lugar: Biblioteca Municipal Prof. Machado Vilela - Vila Verde (Portugal)

Exposición itinerante por distintos países que amosa a visión particular sobre o Camiño de Santiago de varios fotógrafos: Delmi Álvarez, Fernando Bellas, Tino Martínez, Javier Teniente, Xulio Villarino e Tino Viz.

A paisaxe, o patrimonio arquitectónico, a riqueza humana de peregrinos, visitantes e persoas que viven ao longo dos Camiños que levan a Santiago son rexistrados polas cámaras destes seis fotógrafos.

Desde iconas puramente xacobeas ata manifestacións antropolóxicas. Desde os retratos con nome e apelidos ata a figura anónima no espazo. Desde a paisaxe aberta ata a intimidade de igrexas e claustros.

Estes artistas senten e reflicten a través das súas obras como nunha sociedade globalizada e acelerada existen espazos en que, independentemente de quen sexas e de a onde vaias, sempre te sentirás identificado. O tempo toma unha dimensión diferente da que manexamos no noso ritmo cotián. O destino é o que te coloca, e ese é Compostela.

Logo de visitar diversas cidades, esta exposición chega agora a distintas vilas portuguesas: Barcelos, Belmonte, Valença do Minho, Vila Verde (na península); Ponta Delgada, Ribeira Grande, Lagoa, Illa da Terceira, Ilha do Pico e Ilha do Faial (nas Azores e Madeira)  coa intención de amosar, coa perspectiva destes fotógrafos, a riqueza que o fenómeno xacobeo xera no Finisterrae europeo, en Galicia.

Horario:
Luns a Venres de 9:30 a 18:00 h.
Sábado de 10:00 a 12:30 h.

Organiza:
Associação Espaço Jacobeus
Confraria de São Tiago
S.A. de Xestión do Plan Xacobeo

Colabora:
Cámara Municipal de Vila Verde

Comments

Post new comment

The content of this field is kept private and will not be shown publicly.
CAPTCHA
This question is for testing whether you are a human visitor and to prevent automated spam submissions.